O Concello de Ourense abre o prazo de inscrición en 18 cursos e obradoiros para maiores de 60 anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O Concello de Ourense abre dende hoxe, martes, 2 de setembro, ata o venres, 12, o prazo de inscrición nos cursos e obradoiros para as persoas maiores que organiza, un ano máis, no marco do Programa de Promoción da Autonomía persoal e prevención da dependencia da Concellería de Benestar social, dirixidos a persoas maiores de 60 anos empadroadas no Concello de Ourense.

As persoas interesadas poden presentar a súa solicitude nas oficinas da Concellería de Benestar Social, sitas na rúa Bispo Carrascosa, nº 14, en horario de mañá, de 9.00h a 13.00h ou ben, en horario de tarde de 16.00h a 20.00h, na Oficina de Atención ao Cidadán, na Praza de Santa Eufemia, 6 baixo.

As solicitudes deben ir acompañadas da fotocopia do DNI, o volante de empadroamento no Concello de Ourense, certificado de ingresos do solicitante, e en caso de non ter ingresos propios os do cónxuxe e informe médico, no caso daqueles cursos que impliquen unha actividade física.

A listaxe completa dos cursos dispoñibles é a seguinte:

-Iniciación á informática: 4 grupos

-Informática- nivel perfeccionamento: 4 grupos

-Informática- nivel avanzado: 2 grupos

-Pintura: 3 grupos

-Manualidades: 2 grupos

-Música

-Teatro

-Curso de Actividade física e memoria

-Risoterapia: 2 grupos

-Estimulación da memoria: 4 grupos

-Animación á lectura

-Habilidades Sociais

-Tai-chi: 2 grupos

-Pilates: 2 grupos

-Ximnasia: 4 grupos

-Cachibol: 2 grupos

-Natación Iniciación

-Natación Perfeccionamiento

Todas as persoas interesadas poden solicitar máis información no número de teléfono 988 39 29 09 ou no 988 38 81 71.

2 de setembro de 2014 | 13:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.