publicidade hoxe

O Concello de Oleiros organiza unha romaría na Finca Tenreiro para que os veciños coñezan o novo parque

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

Concello de Oleiros, tras a firma da escritura de adquisición da coñecida como finca Tenreiro, organiza unha romaría nesta zona verde co obxectivo de que todos os veciños e veciñas que o desexen coñezan este novo parque público. A cita será mañá sábado 13 de setembro desde as 13.00 ata as 19.00 horas. Do mesmo xeito, a xornada será aproveitada para coñecer o novo colexio que se está a construír nas inmediacións do parque.

A nova zona verde é un terreo amurallado de 30.000 metros cadrados que conta con fermosas árbores centenarias situada na parroquia de Nós. Parte desta finca, ao redor de 11.000 metros cadrados xa era de propiedade municipal. De feito o Goberno local adquiríu hai anos esa parte do terreo para situar o citado colexio que se está a construír neste lugar.

Con esta nova adquisición, o Goberno local suma outros 20.000 metros cadrados que serán destinados a parque público.

Deste xeito, A parroquia de Nós conta cun novo parque de gran beleza e que loce árbores centenarios. Na antiga propiedade señorial que data de 1875 existen diversas construcións, hoxe en ruínas, como a antiga mansión, a residencia dos caseros, así como unha montaña artificial e un xardín cunha senda construída en madeira de boj. Tamén hai un lago artificial que se comunicaba con outra área acuática a través dun túnel no que se utilizaba unha pequena embarcación. Todo iso está decorado con motivos gaudianos.

O Concello porá a disposición de todos os que se acheguen mesas e cadeiras para que poidan xantar coa comida que traían da casa. Asimesmo haberá unha pulpeira e unha barra de bebidas para quen considere facer uso deste servizo. Ao longo da tarde celebraranse diversos xogos populares para rapaces e adultos: carreira de sacos, tiro da corda, cucañas… e para os máis cativos haberá inchables. A romaría será amenizada durante todo o día coa foliada de distintos grupos culturais do Concello.

12 de setembro de 2014 | 18:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.