publicidade hoxe

O Concello de Oleiros apoia a solicitude de mantemento dunha praza de mestre no IES María Casares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O Concello de Oleiro apoia a solicitude pola que o Consello Escolar do IES María Casares esixe da Consellería de Educación o mantemento da praza de mestre especialista en Pedagoxía Terapéutica coa que viña contando o centro desde hai máis de 20 anos e que foi suprimida para este curso.

O Consello xustifica a súa esixencia polo aumento do alumnado que require da atención deste profesorado especialista, incluíndo alumnado con Trastorno de Déficit de Atención e Hiperactividade, así como outro alumnado con diversas necesidades educativas especiais, que non poderían ser debidamente atendidos polo profesorado ordinario en aulas cada vez máis masificadas.

O Goberno local de Oleiros espera que a Xunta atenda de inmediato a demanda da comunidade educativa do IES María Casares e apremia a Consellería para que a praza sexa cuberta de forma inmediata. Así mesmo, o Goberno municipal critica os recortes continuos que o Goberno do PP pretende acomete no ensino público galego.

25 de setembro de 2014 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.