publicidade hoxe

O Concello de Neda exporá ao público a documentación do PXOM cando sexa publicado do DOG

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

Despois da súa aprobación inicial en sesión plenaria extraordinaria, e ante as numerosas consultas recibidas na casa consistorial, vía telefónica e presencial, o Concello quere informar de que toda a documentación relativa ao Plan Xeral de Ordenación Municipal se exporá ao público no momento da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Nese momento, e nunca antes, debe darse ese paso na tramitación, en cumprimento estricto da legalidade. Facilitar información fóra destes prazos sería incurrir en ilegalidade.

En todo caso, o Concello avanza que, chegado o momento da súa exposición pública, planos e documentación estarán a disposición da veciñanza no salón de plenos, así como que o arquitecto municipal adicará un tempo específico da súa xornada a atender calquer demanda de información relativa ao PXOM.

4 de setembro de 2014 | 18:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.