O Concello de Marín informa da apertura de prazo para a certificación de CODIX
No DOGA nº 183 abriuse a convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX) para a cidadanía en xeral, previa realización dun curso de teleformación a través da plataforma EMA. As persoas interesadas terán que ser usuarios da rede CeMIT e abonar unha taxa de dereitos de exame, comezando o prazo de inscrición o 26 de setembro de 2014 e finalizando o 10 de outubro de 2014 ás 14:00 horas.
Para máis información e inscrición na aula CeMIT e na páxina web: www.cemit.xunta.es











