publicidade hoxe

O Concello de Cedeira promove unha excursión ás festas de San Froilán dirixida aos maiores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O Concello de Cedeira invita aos maiores do municipio a participar nunha nova excursión. Nesta ocasión e dadas as datas, a viaxe organizada terá destino próximo: a cidade de Lugo, que vivirá en breve as festas de San Froilán. Así, a excursión está prevista para o sábado 4 de outubro, aínda que as persoas interesadas en participar deben reservar a súa praza previamente chamando ao teléfono 650 779 862.

O custe da excursión é de 30 euros e inclúe os desprazamentos en autocar, comida a base de empanada, callos, polo asado, postre e café, e unha visita á cidade. Os autocares partirán sobre as 10,30 horas da parada ubicada nas inmediacións da cafetería Plaza, excepto para os residentes nas parroquias, que deberán esperar ao autobús nas súas paradas habituais unha hora antes. Así mesmo, o regreso está previsto para as 24 horas. Por último, o Concello anima aos maiores a participar nesta actividade, que forma parte dun calendario estable de excursións para o colectivo da Terceira Idade.

26 de setembro de 2014 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.