O Concello de Cedeira intensificará a vixianza para evitar a presenza de deposicións caninas na vía pública

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O Concello de Cedeira emprende unha nova campaña contra a presenza de deposicións caninas na vía pública. E, novamente, basearáse na concienciación dos propietarios das mascotas. Así, despois de editar e colocar carteis informativos sobre a ordenanza que regula esta materia, o Concello anunciou esta mañá que os dous auxiliares de Policía Local especializados en vixianza medioambiental contratados temporalmente pola Administración local con cargo a unha axuda do Fondo de Compensación Ambiental concentraránse en velar polo cumprimento da norma.

Así, ambos traballadores ofrecerán a información oportuna aos donos de cans, así como as sancións que conleva o incumprimento das obrigas establecidas. E, en último caso, darán conta das actitudes incívicas á Policía Local para que actúe en consecuencia. O obxectivo do Concello é lograr que, entre todos, o espazo urbano sexa un lugar libre de excrementos caninos. Así, o Concello apela á colaboración cidadá para manter actitudes cívicas neste terreo. Lembra ao respecto que a ordenanza municipal reguladora da tenencia de animais domésticos establece a obligación de que nos paseos coas súas mascotas todos os donos de cans leven consigo bolsas para a recollida de excrementos, así como o seu inmediato depósito nos contenedores.

Apuntan tamén que a ordenanza reguladora establece multas que poden chegar aos 750 euros, así como accións alternativas como a sustitución da sanción económica pola realización de traballos en beneficio da comunidade. Non será a única tarefa encomendada, xa que tamén se adicarán a labores de inspección co ánimo de detectar vertedoiros incontrolados, velar pola correcta limpeza de rúas e beirarrúas, ou solares e fincas con maleza…

17 de setembro de 2014 | 12:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.