publicidade hoxe

O Concello de Cedeira acometerá a pavimentación da rúa Marta e mellorará a evacuación das augas na vía Fernando Lago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O Concello de Cedeira levará a cabo obras de mellora en dúas rúas do casco urbano da vila cun investimento de 14.000 euros a financiar con fondos propios municipais. Así, o concelleiro de Obras, Alfredo Vilela, anunciou esta mañá a adxudicación dos traballos de pavimentación do firme na rúa Marta no seu punto de encontro coa rúa Río Mañón, e das tarefas de mellora do sistema de evacuación das augas superficiais na rúa Fernando Lago.

En ambos casos, o edil prevé que as actuacións comecen ao longo do mes de outubro. No caso da rúa Marta, o Concello reforzará e reparará o firme tanto da calzada como de beirarrúas e a súa intersección coa rúa Río Mañón. Para iso, a actuación contempla traballos de pavimentación e a adaptación de tapas e rexistros existentes á nova cota.

No tocante á rúa Fernando Lago, procederáse á limpeza das cunetas ao longo de 2.010 metros; ao barrido da totalidade da superficie pavimentada no ámbito da obra (2.512 m2) e á instalación das correspondentes taxeas.

29 de setembro de 2014 | 12:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.