O Concello de Cambre oferta 34 prazas para os novos cursos de informática
O Concello de Cambre oferta novos cursos de informática que arrincarán en outubro. En concreto, ofértanse 34 prazas nas 3 aulas municipais de informática das que dispón en concello na Barcala, O Graxal e Omix. O día 8 de setembro ábrese o prazo de preinscrición até o 23 deste mes, ambos os incluídos. No caso de que a demanda supere o número de prazas haberá un sorteo público o 26 de setembro na Barcala. O curso está destinado a maiores de 16 anos que desexen iniciarse no mundo da informática ou ben perfeccionar os seus coñecementos. Haberá dous cursos de 30 horas cada un en cada unha do tres aulas destinadas a albergar o curso: avanzado e iniciación.
Básico:sistema operativo Windows 7 (funcionamento básico), Office 2007, Word, introdución a Excel, internet e correo electrónico
Avanzado: sistema operativo Windows 7 (programador de tarefas outras funcións), Word (hipervínculos, combinar, correspondencia, organigramas etc) e Excel (cálculos, gráficos, etc), introdución a Power Point, internet, redes sociais, páxinas web e correo electrónico.
A listaxe de admitidos poderá consultarseen a web do Concello, ou chamando ao teléfono 981 613 193.
Doutra banda, a concellaría de Cultura arrinca o curso lectivo co programa Aula Aberta de Informática, co obxectivo de que os usuarios poidan facer uso dos equipos informáticos e da rede do concello.











