O Concello de Brión mostra o seu pésame polo falecemento da menor electrocutada e ofrece atención psicolóxica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+
Europa Press

O Concello de Brión (A Coruña) expresou este luns o seu “máis sentido pésame” polo falecemento dunha menor de 14 anos, veciña deste municipio, ao recibir unha descarga eléctrica dun farol na celebración dunhas festas en Santiago de Compostela e ofreceu atención psicolóxica aos compañeiros de estudos da xoven.

Así o explicou o alcalde de Brión, José Luís García, que comentou que a familia e compañeiros da menor, filla única e residente neste municipio, “están destrozados”.

“É unha traxedia que afecta a todos”, destacou o alcalde de Brión, que ofreceu o apoio do Concello “a todo o que o necesite” tras este “tráxico” suceso.

Ademais, comentou que no instituto da localidade, onde estudaba a menor falecida na madrugada deste luns, está a estudar a posibilidade de atrasar “un ou dous días” o inicio do curso na clase de 4º de ESO na que tiña que regresar aos estudos a xoven falecida.

De feito, o rexedor indicou que psicólogos traballan con compañeiros e persoal do centro educativo da localidade cos compañeiros da falecida.

15 de setembro de 2014 | 11:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.