O Concello da Coruña colabora na promoción do fútbol sala entre os xóvenes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportes
A-
A+

O Concello coruñés, a través da Concellaría de Deportes, continúa adiante co seu plan municipal de promoción do deporte base, con especial atención aos máis pequenos. Dentro deste compromiso adquirido polo actual equipo de goberno, asinarase un convenio de colaboración coa Asociación de Clubs de Fútbol sala da Coruña (Futsaco) para fomentar e facilitar a participación dos mozos en idade escolar nesta modalidade deportiva.

O Concello, a proposta da Concellaría de Deportes que dirixe Francisco Mourelo, autoriza a firma dun convenio con Futsaco por importe de 5.000 euros para colaborar con esta entidade no seu obxectivo de promocionar o fútbol sala entre os máis novos. Así, a través deste investimento municipal, colaborarase con Futsaco naqueles gastos relacionados con persoal (técnico, deportivo, médico e outros profesionais); con equipamento deportivo e desprazamento (viaxes, aloxamentos e manutención); e coa actividade federativa (licenzas, arbitraxes, canons ou cotas de participación).

O Goberno municipal traballa desde o inicio do mandato para fomentar que os mozos practiquen cada vez máis a actividade deportiva e, neste caso concreto, o fútbol sala. Ás iniciativas que se programan anualmente para alcanzar este obxectivo súmanse eventos relacionados con este deporte para atraer a atención dos cidadáns. Así, a cidade da Coruña xa acolleu en setembro de 2012 a XXIII Supercopa de España, que se disputou no Palacio de Deportes de Riazor.

18 de setembro de 2014 | 11:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.