O Concello da Coruña abre hoxe a campaña de impostos municipais
O Concello, a través da Concellaría de Economía e Facenda que dirixe Roberto Coira, anuncia que hoxe, luns 15 de setembro, iníciase o período voluntario de ingreso dos tributos locais de 2014. Os coruñeses e coruñesas, que demostran ano a ano o seu compromiso coa cidade, poderán realizar os seus pagos até o 5 de decembro, é dicir, case tres meses. É o segundo ano consecutivo no que o Goberno municipal amplía o prazo para realizar o pago, pois anteriormente era de dous meses -do 1 de outubro ao 30 de novembro-.
A decisión do actual equipo de goberno de ampliar o período voluntario tivo unha boa acollida o ano pasado por parte dos contribuíntes. Por este motivo, decidiuse repetir esta experiencia pioneira na cidade da Coruña. Con esta iniciativa da área de Economía e Facenda facilítase o pago de impostos aos coruñeses, que poderán elixir para efectuar os seus pagos entre os últimos catro meses do ano (setembro, outubro, novembro ou decembro), en función do seu interese. Esta medida que se puxo en marcha en 2013 por primeira vez supón dar máis facilidades aos cidadáns para pagar todos os tributos, xa que disporán de practicamente 3 semanas máis de período voluntario que en anos anteriores.
Desde hoxe e até o 5 de decembro, o Concello abre o prazo para o pago da taxa de recollida de lixos (comercial e industrial), taxa de cemiterios, taxa por entrada de vehículos e reserva de espazo sobre a vía pública, taxa por ocupación de vía pública con aparellos distribuidores, imposto sobre bens inmobles (IBI) urbanos e rústicos, e o imposto sobre actividades económicas (IAE). Todos os impostos municipais corresponden ao exercicio 2014, cun total de 213.180 recibos -son 3.033 máis que o ano pasado- e un ingreso previsto de ao redor de 75,55 millóns de euros.
|
TRIBUTO |
RECIBOS |
IMPORTE (euros) |
|
Recollida de lixos |
12.849 |
3.227.738,74 |
|
Taxa por entrada de vehículos e reserva |
3.097 |
2.034.835,67 |
|
Taxa de cemiterios |
26.950 |
520.880,58 |
|
Taxa por ocupación de vía pública |
102 |
14.525,10 |
|
Imposto sobre bens inmobles (IBI) |
166.440 |
59.503.534,51 |
|
Imposto sobre actividades económicas (IAE) |
3.742 |
10.252.745,43 |
|
TOTAL |
213.180 |
75.554.260,03 |
O actual equipo de goberno conxelou os tributos para 2014 por terceiro ano consecutivo, e o alcalde, Carlos Negreira, xa anunciou que se conxelarán de novo en 2015, unha medida que está dentro do compromiso do Concello de axudar ás familias na medida do posible. Así, a conxelación de impostos permitiu aos coruñeses aforrar 10 millóns de euros desde o inicio do mandato. O Concello establece diferentes modalidades de cobro para facilitar aos veciños o pago dos seus impostos:
>Os tributos poden abonarse na Concellaría de Facenda, na caixa municipal da rúa da Franxa, de luns a venres, entre as 08.00 e as 14.00 horas:
-Metálico.
-Cheque a nome do Concello da Coruña, conformado ou certificado pola entidade bancaria.
-Multitarxeta débito ou crédito Visa / Mastercard.
-Con certificado dixital: Banco Santander, Banco Pastor, Banco Popular, BBVA, Bankia, Abanca e CaixaBank.
-Sen certificado dixital: pódese pagar con cartón de calquera entidade bancaria.
>Na web municipal www.coruna.es pódese pagar a través de dúas modalidades:
>Nas 15 entidades bancarias colaboradores no seu horario de atención ao público: BBVA, Banco Caixa Geral, Banco Etcheverría, Banco Español de Crédito, Banco Pastor, Banco Popular Español, Banco Sabadell, Banco Santander, Barclays Bank, Abanca, Catalunya Banc, Banco de Caja España, Bankia, CaixaBank e Citibank.
O pago a través de entidades colaboradoras pode realizarse utilizando calquera das modalidades que teñan dispoñibles:
– Portelo.
– Caixeiros automáticos (un atópase nas propias oficinas da rúa da Franxa co obxectivo de axilizar e reducir o tempo de espera).
– Domiciliación bancaria. En aplicación da Lei 16/2009 de servizos de pago, o debo en conta do importe dos recibos domiciliados realizarase este ano o próximo 3 de outubro.
BONIFICACIÓNS
Neste período voluntario de ingreso dos tributos municipais tamén se efectuará o segundo prazo do Pago con Vencemento Especial do IBI que permite obter unha bonificación do 2%, un novo sistema que facilita o seu pago mediante a domiciliación bancaria. Ademais, as persoas interesadas en acollerse ao pago fraccionado do imposto de bens inmobles para o próximo ano xa poden presentar a súa solicitude ao longo de 2014 e até o 28 de febreiro de 2015.
Unha vez máis, o Concello quere destacar o grao de compromiso dos coruñeses co pago dos seus tributos. Así, na Conta Xeral de 2013 apréciase unha mellora no grao de execución do orzamento non só nos capítulos de gasto e investimento, senón que tamén no apartado de ingresos, no que se rozou o 87% -oscila entre o 85,82% da recadación no imposto de vehículos e o 89,08% no de bens inmobles-. Así, o período medio de cobro situouse en 2013 nos 53 días, é dicir, dentro do período de pago voluntario dos impostos. Estas circunstancias permiten contar cunha economía municipal máis saneada e con maior liquidez para facer fronte aos gastos e aos investimentos programados desde o Concello da Coruña.











