publicidade hoxe

O comercio de Cambados volve ao cole

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambados
A-
A+

A Federación Galega de Centros Comerciais Abertos e Zonas Comerciais Urbanas, pon en marcha esta campaña de fidelización comercial, mediante a cal se repartirán cerca de 5.000 premios directos e 1.400 € en vales compra.

Juan Rey Rodríguez, Presidente do CCA Cambados Zona Centro e a súa vez Vicepresidente da Federación Galega de Centros Comerciais Abertos e Zonas Comerciais Urbanas, presentou no día de hoxe a campaña “A VOLTA AO COLE, MELLOR NO COMERCIO DE PROXIMIDADE” que levarán a cabo as asociacións que compoñen dita Federación, (Compostela Monumental, Caldas CCA, Estrela de Marín, Zona Monumental de Pontevedra, Cuntis Vila Aberta, ACOE da Estrada e Cambados Zona Centro) dende hoxe día 10 de setembro ó 10 outubro, co obxectivo de incentivar as compras nos comercios de proximidade afiliados.

Dende la asociación, querese destacar que “esta é la primeira gran acción que se desenrola de forma conxunta entre os diferentes centros comerciais abertos e zonas comerciais urbanas de Galicia, que puxuemos en marcha esta Federación, cuxo obxectivo é defender, ante as administracións e a opinión pública, o importante papel social que desempeña o comercio tradicional establecido nos centros de vilas e cidades da nosa comunidade, e a súa unión e xestión conxunta por medio dos centros comerciais abertos e dos eixes comerciai”.
    
 O funcionamento da campaña de dinamización comercial é moi sinxelo:

– Calquera cliente que realice unha compra nos establecementos asociados entre o 10 de setembro ó 10 de outubro recibirá un “boleto”, similar ós que se utilizan nas tómbolas, o cal lle dará a posibilidade de gañar un dos case que setecentos regalos directos (mochilas, material escolar, material tecnolóxico, etc.) que se repartirán nos establecementos asociados a Cambados Zona Centro. 
 – Ademais, aqueles clientes que non haxan tido a fortuna da gañar algún premio directo, poderán cubrir o boleto cos seus datos e así entrar no sorteo de 200 euros en vales compra (8 vales por valor de 25 € cada ún) e que se celebrarán nas diferentes asociacións participantes ó 13 de outubro ás 13:00 horas.

Esta campaña conta coa colaboración da Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia.

10 de setembro de 2014 | 19:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.