O club de fútbol Silva SD visita a Deputación da Coruña tras o seu ascenso a terceira división

Visita á Deputación do Club de Fútbol Silva SD
A Deputación da Coruña recibiu esta mañá na súa sede provincial ao club de fútbol Silva SD con motivo do seus ascenso a terceira división a pasada temporada. A responsable de dar a benvida a todo o equipo foi a vicepresidenta da Deputación e responsable da área de Deportes, Mariel Padín, que destacou todos os logros conseguidos pola agrupación dende a súa fundación en 1940.
Padín sinalou que ao longo deste tempo o club se ten convertido nunha “gran familia” grazas principalmente á labor do seu presidente, Luis Varela. Na recepción tamén estivo o vicepresidente, Jesús Vales Gómez, así como o adestrador Javier Bardanca e o capitán Diego Uzal.
A portavoz provincial animou aos xogadores e a toda a directiva a seguir traballando nesta liña, con xogo limpo, e deixando ben alto o nome da provincia.











