O CIM de Pontevedra imparte dez novos cursos para o último trimestre do ano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Igualdade inicia en outubro os cursos de formación do Centro de Información á Muller (CIM), para os que estará aberto o prazo de inscrición dende o 1 ao 8 de outubro. É unha convocatoria aberta a toda a cidadanía.

As ofertas do CIM para este último trimestre do ano serán as seguintes:

• Ioga

• Iniciación á costura

• Corte e confección

• Cerámica do Nadal

• Xoguetes de antano

• Fofuchas e máis

• Muller e benestar

• Ecofeminismo práctico

• Internet básico

• Internet avanzado

29 de setembro de 2014 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.