O CIAC acolle un obradoiro de fabricación de xoguetes con materiais de refugallo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) programou para este sábado 13 de setembro, ás 17:30 horas, un obradoiro de fabricación de xoguetes con materiais de refugallo. Non hai necesidade de gastar unha fortuna en xoguetes. Unha idea moi práctica, económica e ecolóxica é aprender a facer xoguetes caseiros para que os máis pequenos poidan divertirse. A elaboración destes xoguetes non precisa de moitos materiais e a maioría deles podemos atopalos na casa.

Os interesados neste obradoiro teñen unha cita no CIAC. Coma sempre, a actividade é de balde pero é preciso inscribirse (prazas limitadas). Os rapaces deberán estar acompañados por un adulto.

12 de setembro de 2014 | 10:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.