O CETS de Sanxenxo destaca os resultados satisfatorios da tempada turística do verán
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, recibeu hoxe a unha delegación do Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo (CETS), encabezada polo seu presidente, Alejandro Touriño, que destacou os datos “moi satisfatorios” da tempada de verán en Sanxenxo.
Touriño suliñou que xullo, cunha ocupación do 66,09%, presentou unha subida do 9% respecto ao mesmo mes do ano anterior e que agosto tivo cifras de ocupación do 82,12%, seis décimas máis que o ano anterior.
Según dixo, os datos mostran a estabilidade do sector e revelan que se consolida unha tendencia á alza tendo en conta a mala climatoloxía habida no mes de agosto.
Para Touriño, cada día pesan máis outras estratexias que non sexan só as de sol e Praia. “Notamos que hai máis reservas anticipadas e que éstas funcionan como as dos voós pois pódense realizar ofertas mellores en función da ocupación”, dixo. Asegurou tamén que, en xeral, as tarifas subiron lixeiramente respecto ao ano anterior.
Louzán destacou o carácter modélico do funcionamento do CETS e avanzou que a Deputación manterá o convenio asinado con esta entidade. Pola súa banda, os directivos do consorcio agradeceron á Deputación iniciativas como o apoio ao Foro Turistico, á Volta a España, á campaña de promoción exterior e outras como os selos de calidade do Sicted “que resultaron fundamentais para os bós resultados da tempada turística en Sanxenxo”.











