O centro de Matosinhos acollerá seis cursos do Cemit sobre novas tecnoloxías
A Aula CEMIT do Centro de Formación de Matosinhos acolle en outono seis cursos do programa “Faite Dixital” destinados a formar á poboación no uso das novas tecnoloxías da comunicación. A participación é de balde e xa está aberta a inscrición para a primeira actividade, que versará sobre a Programación de dispositivos móbiles, e que se desenvolverá do 22 de setembro ao 2 de outubro.
Aparte do curso de Programación de Dispositivos Móbiles, entre setembro e novembro tamén se impartirán no Centro de Matosinhos os obradoiros sobre Ferramentas Web 2.0; Marca Persoal; Identidade Dixital: A Administración Electrónica; Innovación Social e Configuración de Dispositivos e Uso de Aplicación Móbiles.
Todos os cursos impartiranse en horario de mañá na Aula do Cemit do Centro de Formación de Matosinhos empregando a ferramenta de viode coconferencia.
O curso de Programación para Dispositivos Móviles impartirase do 22 de setembro ao 2 de outubro, de luns a venres, en horario de 10 a 14 horas. Son 32 horas lectivas nas que se tratarán os seguintes contidos formativos:
Programación de móbiles Android
Software necesario:
É preciso ter instalado Eclipse ADT que se pode obter no seguinte enlace >http://developer.android.com/intl/es/sdk/index.html
Requisitos dos alumnos:
Deben ter coñecementos de programación orientada a obxectos ( Java, C#, VB .NET, etc.)
Temario:
Introdución
Dispositivos móbiles e aplicacións
Sensores
Plataforma Android
Primeiros pasos en Android
Android e as súas versións
A fragmentación en Android
Arquitectura Android
Entorno de desenvolvemento
Compoñentes fundamentais de unha app
Activity
Ciclo de vida dunha activity
View
Intent
Estrutura dun proxecto Android
Recursos gráficos
Imaxes e densidade de pantalla
Recursos de tipo texto
Uso de cadeas en ficheiros XML
Apps para distintos idiomas
As persoas que cumpran os requisitos mínimos para participar como alumnos nesta acción formativa poderán obter información sobre a formalización da matrícula, directamente no Centro de Formación Matosinhos do Concello de Vilagarcía (Avda Matosinhos nº1 ) ou a través do teléfono 986 51 16 21.











