O celeste Augusto sofre unha rotura de grao I no xemelgo interno dereito

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVigo
A-
A+

O centrocampista celeste estará de baixa entre cinco e seis semanas

A ecografía realizada esta noite polos servizos médicos do Real Club Celta ao centrocampista Augusto Fernández desvela a existencia dunha rotura de fibras de grao I no xemelgo interno dereito,  en zona miotendinosa, do xogador, que sufriu a lesión na primeira metade do partido do pasado venres ante o Elxe.

O xefe dos servizos médicos celestes, Juan José García Cota, precisou que o tempo de baixa de Augusto estará entre cinco e seis semanas. 

29 de setembro de 2014 | 23:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.