O Campionato de España de técnica adulto de taekwondo acada catorce medallas para Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+
podio freestyle

podio freestyle

Galicia logrou un total de 14 medallas (tres ouros, catro pratas e sete bronces) no Campionato de España de técnica adulto, que se celebrou hoxe en Marina D´Or (Castellón). Ademais, na modalidade de freestyle Galicia arrasou con dez medallas e o título por equipos. Na categoría cadete houbo dous ouros: Para a parella formada por Lucía Penín e Gabriel Tembrás e para o trío formado por Yago Pita, Ángel López e Adrián Ventín. Ademais, Gabriel Tembrás logrou o bronce en individual e Ángel López e Sarai Pazos en parella.

En júnior Galicia acadou tres bronces para Galicia: Anxo Costa en individual, Andrea Vilas e Anxo Costa (Tao) en parella e Nazaret Licer e Marcos Silva (Mace Sport) en parella. En sénior, Samuel Meilan, do Tao, logrou o terceiro posto en sénior 1, mentres que o trío 1 feminino do Olimpic (Sandra Bouzas, Silvia Mosquera e Paula Gómez) foi prata e o trío 1 do Tao (formado por Samuel Meilan, Alejandro Losada e Allan GuaGua) logrou o terceiro posto no podio. Nos máster, a única medalla de ouro foi para Encarnación Quintela (Garrapucho), en máster 4, mentres que Beatriz Queiro (Tao, máster 2); Santiago Rodríguez (Tao, máster 4) e Seung Gang Shin Han (Han´s, máster 1) lograron a medalla de prata. Freestyle.

Gran éxito para o taekwondo galego no Campionato de España de Freestyle, que logrou o ouro por equipos grazas as dez medallas acadadas (4 ouros, 2 pratas e 4 bronces). O freestyle, de recente creación, segue amosando un enorme crecemento nestes dous anos que leva no calendario mundial. Esta modalidade é unha combinación libre de técnicas de taekwondo con coreografía e música, polo que resulta moi atractiva tanto para o público coma para os propios practicantes. Gabriel Tembrás (MDK), que é unha das figuras desta especialidade, volveu a amosar a súa superioridade ao lograr un novo ouro en -18, mentres que Adrián Ventín (Mace Sport) foi bronce nesta mesma categoría. Pola súa banda, Paula Chinchilla (Kiap) logrou a prata en +18 anos e Gabriel Moral o bronce en +18.

En grupos, moitas medallas máis para o taekwondo galego: Nazaret Licer e Marcos Silva (Mace-Sport) lograron o ouro en parellas de -17; Sandra Bouzas e Gabriel Moral (Olimpic) tamén foron os primeiros en parellas + de 18 anos; mentres que Lía de Araujo e Manuel Rodríguez (Tao) bronce en esta mesma categoría e Lucía Penín e Manuel Viso (Kiap) foron terceiros en parellas -18. E rematamos cos quintentos nos que Galicia tamén dominou. O equipo do Tao (Lía de Araujo, Andrea Vilas, Samuel Meilán, Alejandro Losada e Manuel Rodríguez) lograron o ouro, mentres que o Olimpic (con Gabriel Moral, Sandra Bouzas, Paula Gómez, Cristian Gómez e Silvia Mosquera) foi prata. Con estes magníficos resultados, a Federación Galega de Taekwondo logrou o título por equipos.

28 de setembro de 2014 | 22:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.