O Calvario de Coiro xa luce restaurado nas inmediacións da casa reitoral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+
Colocación do Calvario Coiro

Colocación do Calvario Coiro

O Calvario de Coiro composto por 3 cruces rectangulares de diferentes tamaños, sen imaxes, representativas da crucifixión de Cristo están restauradas e colocadas nas inmediacións da Casa Reitoral. Ao lugar acudiron o concelleiro de Facenda Pio Millán, o de Obras e Servizos, Faro Lago, e o párroco de Coiro. As pezas foron rehabilitadas grazas ao convenio asinado no seu día polo presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán, e o alcalde de Cangas, José Enrique Sotelo, a fin de dar protección ao patrimonio histórico-artístico de Cangas, como obxectivo do actual goberno para a conservación da escultura popular.

As esculturas atopábanse en pésimas condicións de conservación a causa de diferentes factores, tanto climatolóxicos como humanos, e foron retiradas o pasado luns por persoal cualificado da Escola de Canteiros e trasladadas aos seus talleres para a súa restauración. Os traballos executados consistiron na extracción dos ferros, consolidación daquelas roturas de pequeno tamaño, confección das pezas que se atopaban en mal estado, ensamblaxe do fuste central, ademais da limpeza de líquenes, algas, musgos, etc.                                                                      

18 de setembro de 2014 | 19:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.