“O caderno amarelo” gaña o VII Premio de Poesía Victoriano Taibo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

O xurado do VII Premio de Poesía Victoriano – Entidade Local de Morgadáns acordou declarar gañador da convocatoria deste ano o poemarioO caderno amarelo, da que é autoraLara Rozados Lorenzo.

O premio, dotado con 3000 €, escultura conmemorativa da autoría de Fino Lorenzo e publicación do libro polo Instituto de Estudos Miñoranos na colección Victoriano Taibo, será entregado no transcurso dun acto cultural que se celebrará na Escola de Guillufe de Morgadáns, sede do Premio, no mes de novembro.

A escritora premiada

Lara Rozados Lorenzo naceu en Poio (Pontevedra) o 22 de outubro de1982, e viviu até os seis anos en Pontevedra, despois un par de anos máis en Ferrol, e con sete foi para o Barrio de San Pedro, en Santiago de Compostela, de onde aínda non marchou, nin quere. Estudou xornalismo e tentou doutorarse en Filoloxía Galega, traballou en Vieiros e n’A Nosa Terra, para despois deixar a prensa por un tempo para traballar no teatro, na compañía Berrobambán. Cando quedou no paro, fixo un mestrado en Teoría da Literatura e Literatura Comparada, e agora anda coa tese. Traballou tamén en Sermos Galiza ou no Faro de Vigo edición Deza, como monitora en campamentos ou dando clases particulares, e traballa de forma voluntaria en asociacións coma Itaca, o Cineclube de Compostela ou Histeria Teatro, coa que está a mover dous espectáculos. Publicou algunha cousa en fanzines ou nos libros que editou o Cineclube de Compostela, Non conciliados e Pirata, pero este é o seu primeiro libro.

O Xurado do VII Premio

O xurado estivo integrado polos escritores Xosé María Álvarez Cáccamo, Marta Dacosta, AraceliGonda, Rexina Vega, Ramón Sandoval e Miguel Anxo Mouriño, este último como secretario.

Querémoslles dar os máis sinceros parabéns ao gañador, por acadar este galardón que goza xa dun innegable prestixio que transcende o ámbito de Galicia, e aos promotores, que fomentan de forma efectiva a creatividade poética nos máis altos niveis do sistema literario galego.

12 de setembro de 2014 | 18:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.