publicidade hoxe

O Burela Pescados Rubén comeza a súa liga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

Logo do seu paso pola senda dos campións de Liga; Inter MoviStar e de Europa; FC Barcelona, con dúas derrotas pero con boas sensacións e cunha imaxe de equipo comprometido e solidario, os mariñaos buscan a súa primeira vitoria da tempada na terceira xornada da Primeira División co seu enfrontamento ante o Levante UD DM que chega a este encontro tras lograr a vitoria ante o Azkar Lugo (1-4). O encontro entre galegos e valencianos dispútase o venres día 26, a partir das 20.30 horas, no pavillón municipal de El Cabanyal. 

O Levante malia ser un equipo recentemente ascendido conta cun persoal “moi experimentado, mantén a dinámica da tempada anterior xa que a súa estrutura é a mesma con refuerzos que apuntalan o seu proxecto” comentou Juanlu Alonso que considera que “gañar no Cabanyal nunca é sinxelo, basearon o ascenso a Primeira na súa fortaleza como locais e querrán manter este selo no seu feudo”. Respecto de o seu equipo o adestrador burelés indicou que a súa maior preocupación “está na faceta ofensiva xa que para este partido non podemos contar Chano, lesionado, e Matamoros, pola sanción. Isto obríganos a modificar a nosa idea de xogo xa que son as dúas referencias ofensivas do equipo e que coincida a súa ausencia lógicamente é un hándicap”. Por este motivo, o conxunto mariñano afrontará o duelo con “outras variantes pero coa mesma ilusión e co ánimo de competir para conseguir a vitoria e transformar as boas sensacións ante Inter e Barça en puntos. Será un partido moi competido e debemos estar moi concentrados e non conceder ningún tipo de vantaxe ao Levante”. 

25 de setembro de 2014 | 18:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.