O BNG pregunta a Feijóo se as súas xestións polo naval son para que o traballo se vaia a Andalucía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal Portada
A-
A+
Europa Press

A deputada do BNG Carme Adán inquiriu este venres ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, se “pensa presentarse ás primarias do PP en Andalucía”, toda vez que as “súas xestións comerciais tan dilixentes” con Pemex serviron para que “a carga de traballo se vaia fóra de Galicia”.

“Nunha situación como a que está Ferrol, non podemos seguir permitindo que nos tomen o pelo”, remachou a nacionalista, á vista de que oito dos bloques do flotel contratado por Pemex van ser agora construídos nas bancadas de Navantia Cádiz.

Por iso, esixiu “responsabilidades políticas” tanto a Feijóo coma ao conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, a quen recriminou que acudiu o martes ao pleno a “falar do naval” e “non dixo nada” malia que xa coñecía esta situación.

“Veñen ao Parlamento a mentir e a dicir que os floteles eran a solución para o naval galego, e agora vemos que unha parte dese flotel se vai construír en Porto Real”, abundou a parlamentaria da formación frentista, quen xulgou “vergonzoso” que a Xunta “intente tomar o pelo aos galegos”.

26 de setembro de 2014 | 16:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.