O BNG compostelán mostra as súas condolencias pola morte da menor electrocutada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

O BNG de Santiago de Compostela expresou as súas condolencias polo falecemento da menor que resultou electrocutada tras tomar contacto cun farol durante as festas do barrio de Guadalupe, en Vite.

A través dun comunicado, a formación nacionalista lamentou o suceso e espera que se investigue o ocorrido no mencionado barrio compostelán.

Ademais, o Grupo do BNG reclamou que se tomen as “medidas necesarias” para garantir que non volva ocorrer unha traxedia deste tipo.

Os feitos sucederon pasada a unha da madrugada deste luns cando, supostamente, a menor de 14 anos e veciña do municipio de Brión recibiu unha descarga eléctrica ao apoiarse nun farol.

Pola súa banda, o Concello de Santiago pediu un informe á concesionaria do servizo de iluminación pública para que explique a situación das instalacións nesa zona.

15 de setembro de 2014 | 16:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.