O Balón Oficial Obradoiro convértese en agasallo coa compra dunha caixa de Viño Oficial Obradoiro
O Rio Natura Monbus Obradoiro lanza unha nova promoción, válida unicamente até o comezo da liga Endesa, referente á venda do Viño Oficial Obradoiro, das adegas Vía Romana. A partir de agora, quen adquira unha caixa do Viño Oficial Obradoiro levará de agasallo o Balón Oficial Obradoiro, tamén en edición especial limitada e non dispoñible para a súa venda individual.
O viño está dispoñible en versión tinto (variedade Mencía) e branco (variedade Godello), ambas as procedentes das prestixiosas adegas Vía Romana, situadas na Ribeira Sacra. A edición limitada inclúe unha etiqueta especial en cada botella coa insignia do club.
A botella do novo Viño Oficial Obradoiro ten un prezo de 8 euros para o público en xeral e 7 euros para os abonados e/ou accionistas. A caixa de seis botellas, pola súa banda, ten un custo de 45 euros para o público xeral mentres que para os abonados e/ou accionistas do club o prezo é de 39 euros.
O horario de apertura das oficinas para poder realizar a compra é de luns a venres, de 10.00 a 14.00 horas polas mañás e de 17.00 a 20.00 horas polas tardes.











