O Azkar Lugo permanece coa vista posta no inicio de liga en Santa Coloma

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

Unha vez que finalizou a súa pretempada, o Azkar Lugo F.S. prepárase para o inicio da Liga no que renderá visita ao Marfil Santa Coloma, o sábado ás 18:00 horas.

Logo do partido do pasado venres en Pontevedra ante o Leis Pontevedra, os xogadores de Javier Albes gozaron de descanso o fin de semana para volver este luns ao traballo e preparar o partido do sábado.

Así se desenvolverá o traballo semanal:

Luns 8:
19:00 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)
Martes 9:
10:30 horas: Sesión Física (Municipal)
19:00 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)
Mércores 10:
10:30 horas: Sesión Física (Municipal)
19:00 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)
Xoves 11:
19:00 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)
23:00 horas: Saída cara a Santa Coloma (Centro Deportivo Terra)
Venres 12:
11:00 horas: Sesión Técnico Táctica (Pabellón O Raval)
Sábado 13:
18:00 horas: Marfil Santa Coloma – Azkar Lugo F.S.
Domingo 14:
Descanso.

8 de setembro de 2014 | 17:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.