O Azkar Lugo F.S. pecha con vitoria a pretempada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

O Azkar Lugo F.S. venceu na súa visita ao Leis Pontevedra (1-5), no que era o último amigable da pretempada para o equipo de Javier Albes. O Azkar Lugo F.S. non acusou o cansazo acumulado nunha dura semana de traballo e fíxose dono do partido segundo ían pasando os minutos. O Azkar Lugo F.S. pecha así unha pretempada con bos resultados, cunha única derrota, o pasado sábado ante o F.S. Zamora; coa vista posta xa no primeiro partido de liga ante o Marfil Santa Coloma.

Os goleadores na tarde noite de hoxe foron: 0-1 min.7 Iago Rodríguez, 0-2 min.9 Jose López, 0-3 min. 26 Javi Río, 0-4 min.30 Costoya, 1-4 min.34 Daniel Taboada e 1-5 min.37 Antonio Diz.

6 de setembro de 2014 | 20:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.