O Azkar Lugo F.S. da a cara aínda que cae ante o Marfil Santa Coloma
O equipo de Javier Albes intentou por todos os medios regresar con algo positivo da súa visita ao Marfil Santa Coloma, pero volveuse de vacío malia ofrecer unha boa imaxe sobre a pista.
Nos primeiros 20 minutos o Azkar Lugo F.S. estivo ben plantando e realizou un bo plantexamento, que se viu empañado por dous goles de estratexia que encaixaron nos últimos minutos e que fixo que os locais se fósen ao descanso con vantaxe 4-2 e por non materializar 4 ocasións claras de gol en superioridade que foron desbaratadas por un acertado Didac. O primeiro gol do partido non tardo en chegar, foi obra de Mimi logo de finalizar unha contra ben levada por Alex Diz. Tampouco tardaron en empatar os locais, pouco máis dun minuto e Dani Salgado levaba as táboas ao marcador. No minuto 10, nunha nova contra ben levada por Mimi o xogador do Azkar Lugo batía a Didac. A partir do minuto 16 os locais abriron brecha con 3 goles, dous de Eric Martel e outro de Dani Salgado, para irse ao descanso con vantaxe no marcador 4-2.
Na segunda metade o Azkar Lugo F.S. saíu arriscando xa que se atopaba a remolque dos locais, pero en ningún momento foi capaz de recortar as diferenzas; xa que Marfil Santa Coloma lograba facer moito dano ás costas dos lucenses ante a presión de primeira liña. Pese a todo o Azkar Lugo F.S. non cesou no seu empeño e traballou duro por deixar unha boa imaxe sobre a pista e poder sumar algo positivo, nos seis últimos minutos Javier Albes inténtouno poñendo a Alex Diz como porteiro xogador pero non foi posible o marcador deixou de moverse no minuto 29 cando Dani Salagado co seu terceiro gol poñía o 7-3 definitivo. Antes no 24 Adolfo facía o 5-2, no 28 era Iago Rodríguez quen tras unha boa presión en primeira liña e tras varios rexeites lograba o 5-3, pero aos poucos segundos Charlie poñía o 6-3 no marcador.
Ficha técnica:
Marfil Santa Coloma 7: Didac, Rubén, Adolfo,Sepe e Dani Salgado, – cinco inicial-, Albert Segura, Rafa López, Eric Martel e Charlie.
Azkar Lugo F.S. 3: Óscar Iglesias, Mimi, Nacho Pedraza, Javi Río e Álex Diz, – cinco inicial-, Cospe, Diego Núñez, Iago Rodríguez, Manuel María e Antonio Diz.
Árbitros: Alonso Montesino e Santander Flamarique (colexio aragonés). Amonestaron a Didac polo Marfil Santa Coloma.
Incidencias: Partido correspondente á Primeira Xornada da Primeira División, dicputado no Pabellón Nou .
Goles: 0-1 min. 3 Mimi, 1-1 min. 4 Dani Salgado, 1-2 min.10 Mimi, 2-2 min.16 Eric Martel, 3-2 min.17 Eric Martel, 4-2 min.20 Dani Salgado, 5-2 min. 24 Adolfo, 5-3 min.28 Iago Rodríguez, 6-3 min.28 Charlie e 7-3 min.29 Dani Salgado.











