O Azkar Lugo F.S. comeza unha nova tempada ante o Marfil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

Comeza a rodar o balón oficial. A LNFS inicia unha nova tempada na súa Primeira División, será a decimocuarta para o Azkar Lugo F.S. como equipo da máxima categoría. O cadro lucense arrinca cunha visita complicada, mañá sábado (18:30 horas – Pabellón Nou) ante o Marfil Santa Coloma.

O equipo preparado por Javier Albes realizou unha longa e esixente pretempada, coa intención de chegar no mellor momento posible ao partido inaugural do campionato ligueiro.

Convocatorias:

Marfil Santa Coloma: Didac, Alex Pérez, Rúben, Adolfo, Dani Salgado, Albert Segura, Sepe, Lluc, Eric Martel, Rafa López, Panocha e Charlie.

Azkar Lugo F.S.: Óscar Iglesias, Mimi, Cospe, Diego Núñez, Iago Rodríguez, Nacho Pedraza, Antonio Diz, Alex Diz, Javi Río, Illi, Rubén Mouriz e Manuel María.

Histórico de enfrontamentos en 1ª División en Santa Coloma:
Vitorias Marfil: 6
Vitorias Azkar: 4
Empates: 0

Tempada 13/14: 6-0.
Tempada 12/13: 7-4.
Tempada 11/12: 1-3.
Tempada 10/11: 1-4.
Tempada 09/10: 6-3.
Tempada 08/09: 2-4.
Tempada 04/05: 2-3.
Tempada 03/04: 5-2.
Tempada 02/03: 4-1.
Tempada 00/01: 4-1.

12 de setembro de 2014 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.