publicidade hoxe

O auditorio do Centro Sociocultural da Ramallosa permanecerá pechado por un problema nunha viga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+

O Concello de Teo informa que o auditorio do Centro Socioculutural da Ramallosa péchase temporalmente por un problema detectado onte nunha das vigas do teito. Trátase dunha estructura interior de madeira laminada das que cruzan o espazo do auditorio na que se aprecian fendas. Neste momento xa está apuntalada a zona e non corre risco de rotura mais o espazo permanece fóra de servizo.

Nos próximos días unha empresa especializada nestas estruturas avaliará a situación de cara a detectar se hai algunha outra viga con risco aínda que non sexa visible. Ademais pediráselle que presente as posibles alternativas técnicas para o arranxo.

Aínda que mesmo edificio do auditorio están as oficinas de Servizos Sociais, Cultura e a Aula de informática, estes servizos seguen funcionando na mesma ubicación con normalidade xa que son estruturas diferentes e os servizos técnicos municipais aseguran que non existe risco.

Ata que se avalíe a estrutura e o estado das vigas os actos programados neste espazo serán trasladados a outras ubicacións, do que se irá infomando na web municipal e nas redes sociais. Mañá venres 12 estaba previsto un espectáculo de maxia do Mago Antón que se fará no local da Pontevella en Reis (o carón do campo de fútbol do Praíña). A actividade comezará á mesma hora, as 20:00 horas, e será de balde.

11 de setembro de 2014 | 19:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.