publicidade hoxe

O Auditorio de Cedeira ofrece un concerto do grupo local Asoaxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCedeira
A-
A+

Bossanova, tango, bolero, canción de autor, portuguesa, sudamericana, pop, galega… serán algúns dos estilos do repertorio que este sábado, 27 de setembro, ofrecerá ao público cedeirés o grupo local Asoaxe. A súa actuación terá lugar no Auditorio municipal a partires das 20 horas, con entradas ao prezo único de 2,5 euros. A formación está integrada por Dopazo –guitarra melódica-, Tamara –voz– e Michi –voz e guitarra rítmica-. Comezou a súa andaina no 2005 e toma o seu nome dun termo mariñeiro para designar a parte baixa da onda do mar.

25 de setembro de 2014 | 13:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.