publicidade hoxe

O alcalde de Neda asina a acta de replanteo para a construcción da pasarela peatonal sobre o río Belelle

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O alcalde de Neda, Ignacio Cabezón Lorenzo, asinou esta semana a acta de replanteo das obras de construcción da pasarela peatonal sobre o río Belelle. E fíxoo xunto ao xefe da Demarcación de Costas en Galicia, Rafael Eimil, e do xefe de contratación da Deputación provincial da Coruña, Guillermo Grandío. Ambas administracións –provincial e estatal-, con participación na actuación.

A que preside Diego Calvo aportando o 80% da financiación que requerirá a infraestructura, e a dependente do Ministerio de Medio Ambiente, autorizando a intervención en terreos da súa competencia. No acto tamén tomaron parte representantes da empresa adxudicataria das obras, Vialón. A intervención permitirá a construcción dunha pasarela de madeira que sobrevoará a desembocadura do río Belelle, unindo as parroquias de Santa María e San Nicolás. Ata 64 metros de largo sobre 40 pivotes, ocupando unha superficie duns 190 metros cadrados.

Ampliaráse deste xeito a zona de paseo dos veciños e veciñas. A este proxecto, cuxas obras arrancan co acto formal de firma da acta de replanteo, destinaránse 110.000 euros, dos que o 80% contarán con financiación provincial e, a cuantía restante, será aportada polo Concello de Neda.

26 de setembro de 2014 | 18:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.