O 8º Festival Galego de Cabaré despídese hoxe no Teatro Colón
Durante a fin de semana terán lugar as últimas dúas funcións enmarcadas dentro do 8º Festival Galego de Cabaré. O sábado 27 ás 21:00 horas co Maratón de Cabaré e Café Cantante e o domingo 28 ás 18:00 horas o broche final co espectáculo para nenos Máxico Circus Cabaré da compañía Emilio Lledó.
O maratón de cabaré e café cantante do sábado está enfiado polo colectivo Femme Fatale e nel participan a formación ourensá Theteta’s Van, as ferrolás 3DTrans, a artista de Rianxo Esther Carrod’eguas ou a compañía de danza contemporánea Ámparo Novas. Todos eles fusionados nun espectáculo poliédrico que nos amosará o mellor deste formato.
O broche final corre a cargo da compañía Cayetano Lledó que poñerá en escena o domingo 28 ás 18:00 horas a obra para nenos Maxico Circus Cabaré. Un espectáculo cheo de humor e maxia no que o patrón dun circo no que xa non traballa ninguén verase na obriga de interpretar a diferentes personaxes para levantar o espectáculo.
As entradas pódense adquirir a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, en www.servinova.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na sede do Centro Sociocultural A Fundación, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado, 9.00 a 21.00 horas. Ademais, no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche. Os espectadores poden adquirir tamén no despacho de billetes do Teatro Colón a Tarxeta Teatro Colón, un programa de abonados con innumerables vantaxes como descontos nunha trintena de locais comerciais da Zona Obelisco ou no hotel NH Atlántico.











