publicidade hoxe

Novo prazo para solicitar as asesorías individuais da Rede de Innovación de Arteixo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArteixo
A-
A+

Até o sábado 18 de outubro pemes, emprendedores e asociacións de empresarios de Arteixo aínda poden solicitar a súa participación nas asesorías individuais destinadas a executar un plan de reconversión empresarial apoiados pola Rede de Innovación de Arteixo. As novas solicitudes entrarán en lista de espera por si algún dos actuais beneficiarios cursa baixa. Os 80 negocios xa seleccionados están a participar no programa de 80 horas de asesoramento individualizado.

Durante estas consultorías identifícanse as súas necesidades tecnolóxicas e de innovación en áreas crave e establécense propostas de mellora e aproveitamento das fortalezas de cada negocio para, na última fase, deseñar un plan de reconversión industrial tutorizado polos técnicos da Rede de Innovación de Arteixo. Para solicitar información sobre este novo prazo, os interesados poden contactar no email RedInnovacion_Arteixo@eoi.es ou no teléfono 981 641 095. Tamén poden dirixirse ao persoal da oficina da Rede de Innovación, situada no Centro Arteixo Innovación (zona deportiva e escolar) en horario de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.30 horas de luns a xoves; os venres só pola mañá.

Nove meses de traballo

A Rede de Innovación de Arteixo é un proxecto de dinamización empresarial impulsado polo Concello, o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo a través da Escola de Organización Industrial (EOI), e cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e o ministerio. As dúas accións organizadas para cumprir este obxectivo son, por unha banda, un amplo programa de talleres sectoriais abertos a toda a poboación que veñen convocando con periodicidade semanal desde febreiro pasado. Pola outra, a realización das asesorías individuais.

29 de setembro de 2014 | 12:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.