Novo horario no Claustro de San Francisco
A partir de mañá día 1 de outubro, entra en funcionamento o horario de inverno do Claustro de San Francisco, que modifica a apertura ás tardes, pasando a abrir entre ás 17 h e ás 20 h. O horario de funcionamento queda da seguinte maneira: de martes a sábados entre ás 11.30 h e as 13.30 h e de 17 h as 20 h. Os domingos abre polas mañás, e o luns permanece pechado.
Ao longo deste 2014, xa son máis de 6.200 as persoas que visitaron o Claustro de San Francisco. Dende a súa reapertura – xuño de 2013 -, este importante espazo cultural da cidade acolleu a visita de 13.861 persoas.











