Nova visita guiada ao Castro das Croas
A escavación do Castro das Croas recibirá mañá unha nova visita guiada, a partir das 11.00 horas, guiada por Rafael Quintía, presidente da Sociedade antropolóxica galega.
Esta visita está dentro do programa de dinamización e participación na intervención arqueolóxica do Monte das Croas, e abordará aspectos antropolóxicos, etnográficos e dos usos sociais e rituais do espazo. No proceso de estudo do Castro, ademais dos aspectos arqueolóxicos, cobra un importante papel a análise dos significados e usos que foi adquirindo este espazo ao longo do tempo.
A visita guiada está aberta a todas as persoas interesadas e non é necesaria a inscrición previa.
Cabe lembrar que o peche da intervención arqueolóxica será este venres, 12 de setembro, a partir das 20.00 horas no Castro das Croas.











