Nova semana de portas abertas na piscina climatizada de Verín
Do 22 ao 25 de setembro as instalacións da Piscina Climatizada de Verín ofertarán, por segundo ano consecutivo, unha ‘Semana de Portas Abertas’ nas salas aeróbicas, programada pola área de Xuventude, Deporte e Festexos do Concello de Verín.
Durante estas xornadas, todas as persoas interesadas en coñecer o funcionamento desta instalación municipal poderán visitala co fin de recibir a información de todas as actividades deportivas que se programan na Piscina Climatizada. Ademais, terán a posibilidade de asistir e participar, de modo gratuíto, nas diferentes iniciativas aeróbicas que se organizarán durante o todo o curso 2014-2015.
As clases serán impartidas por monitores/as especializados/as, que non só ofertarán información teórica sobre devanditas actividades, senón que tamén farán partícipes das mesmas a todos/as aqueles/as que se acerquen ata instalación co obxecto de coñecer in situ o funcionamento destas iniciativas deportivas. As diferentes actividades, que inclúen novidades con respecto o ano pasado, son: aquagym, wellness, aerotono, zumba, pilates, spinning e tonificación muscular (G.A.P.), ademais das novidades power-dumbell, step, aero-box, tonificación e tonificación tren superior e abdominais. As mesmas serán impartidas en dúas salas simultáneas (que foron remodeladas durante o pasado mes), máis a destinada a actividade de spinning.
Tras o éxito da iniciativa na pasada tempada, esta instalación deportiva programa de novo devandita iniciativa, permitindo aos/ás veciños do municipio e comarca ser partícipes de todas as actividades aeróbicas realizadas na piscina. Os horarios nos que se impartirán as mesmas son: wellness (22 de setembro, de 10.15 ás 11.00, e de 19.45 ás 20.30 horas), aerotono (22 de setembro, de 16.15 ás 17.00 horas // 23 de setembro, de 21.15 ás 22.00 horas), pilates (22 de setembro, de21.15 ás 22 horas // 25 de setembro, de 20.30 ás 21.15 horas), zumba (22 de setembro, de 22.00 ás 22.45 horas // 25 de setembro, de 19.00 ás 19.45 horas ), step (22 de setembro, de 20.30 ás 21.15 horas), spinning (22 de setembro, de 20.30 ás 21.15 horas // 25 de setembro, de 20.30 ás 21.15 horas), tonificación (23 de setembro, de 09.15 ás 10, e de 20.30 ás 21.15 horas), tonificación muscular-GAP (23 de setembro, de 19.45 ás 20.30 horas // 25 de setembro, de 19.45 ás 20.30 horas), aquagym (24 de setembro, de 09.15 ás 10 horas), power-dumbell (24 de setembro, de 18.15 ás 19.00 horas), tonificación e tonificación tren superior e abdominais (24 de setembro, de 19.45 ás 20.30 horas) e aero-box (24 de setembro, de 21.15 ás 22.00 horas).











