Nova entrega das xornadas Faiponting en Pontevedra
A concelleira de Cultura, Anxos Riveiro Portela, presentou esta mañá unha nova entrega das xornadas Faiponting. Este proxecto, que pretende vincular o Pazo da Cultura e a Illa do Covo, popularmente coñecida como Illa das Esculturas, achega a cultura a este espazo aberto. Así o explicou a concelleira, que destacou a boa acollida das anteriores edicións, o carácter familiar das actividades e a posibilidade de gozar neste espacio aberto de actividades culturais para todos os públicos, nas que as mascotas son benvidas e nas que, grazas ao roteiro pola illa en bicicleta, deporte e cultura estarán intimamente unidos.
A continuación, desglosamos as actividades que terán lugar o vindeiro domingo 5:
2 quendas Visitas Guiadas Sala de Exposicións – 11:30 e 17h.
2 quendas Roteiro en bici – 12 e 17:30h. (2h. duración)
Ao longo de todo o día, en función do vento exhibicións e coreografías de voo acrobático de papaventos ao son da música, a cargo de Imaxina, principal grupo do estado de desenvolvemento de espectáculos de voo de papaventos sincronizado, caracterizado por fusionalo coa interpretación escénica, facendo unha narración dunha historia.











