Nova convocatoria de talleres socioterapéuticos para pacientes oncolóxicos en Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseOurense
A-
A+

A Asociación Española Contra o Cancro de Ourense informa que está aberta unha nova convocatoria de talleres socioterapéuticos destinados a pacientes oncolóxicos.

Os próximos talleres que darán comezo no vindeiro mes de outubro serán entre outros:

– Taller de relaxación e mobilidade articular
– Pilates sobre máquinas adaptado
– Cursos de coidados estéticos e automaquillaxe

Todos estes talleres van destinados a pacientes oncolóxicos e prioritariamente a pacientes que están a tratamento activo médico, quimioterapia, radioterapia ou outros.

O obxectivo destes grupos será proporcionar estratexias de afrontamento e mellorar a sensación de relaxación e benestar xeral dos pacientes, así como de proporcionar un espazo de encontro e axuda mutua.

Haberá grupos en horario de mañá ou de tarde, sendo impartidos por diferentes especialistas nos diferentes ámbitos. Iremos incorporando máis variedade de talleres ao longo do vindeiro ano. A participación é totalmente gratuíta.

As persoas interesadas deben chamar ó teléfono da Asociación Española Contra o Cancro 988 219 300 para poder facer a preinscripción nas actividades.

18 de setembro de 2014 | 10:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.