Nolo Suárez presenta en Brión a mostra “Fragmentos de tempos”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+

A sala municipal de exposicións de Brión acollerá entre o 19 de setembro e o 8 de outubro a mostra de pintura “Fragmentos de tempos”, unha selección de cadros do artista compostelán Nolo Suárez. A exposición será inaugurada este venres 19 de setembro, ás 20:00 horas, polo alcalde de Brión, Xosé Luís García. Nolo Suárez é un pintor compostelán que leva mais de 20 anos traballando en arte e facendo exposicións en distintos espazos expositivos, como salas, museos e galerías de arte. Así mesmo, ten participado tamén en certames internacionais como GóisOrosoArte 2014, cuxa obra “Para superar dificultades” se expón actualmente no centro cultural de Sigüeiro (Oroso).

17 de setembro de 2014 | 19:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.