Néstor Pardo abre esta noite o ciclo ‘Blues Nite by 1906’ na Sala Capitol de Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

O ciclo ‘Blues Nite by 1906’ comezará este mércores coa actuación do galego Néstor Pardo na sala Capitol ás 21,00 horas, e contará con tres actuacións máis durante os próximos meses.

A concelleira de cultura do Concello de Santiago, María Antón, presentou o programa deste ciclo de blues no que Nikki Hill actuará o 29 de outubro ás 21,30 horas; Guitar Crusher o 7 de novembro ás 21,30 horas; e finalmente, o 4 de decembro ás 21,30 horas será a quenda de Moreland&Arbuckle.

Ademais, o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, explicou que se está traballando no programa para os primeiros meses de 2015, e que a organización “está moi satisfeita” do cartel.

Pola súa banda, o brand manager de 1906, Juan Paz, resaltou a súa colaboración co ciclo, motivo polo que cambia o nome, xa que esta iniciativa cultural “marida coa marca” que representa.

Os interesados en asistir ás actuacións poden adquirir as entradas no despacho de billetes do Teatro Principal, en Ticketea, Miranda, A Reixa Tenda e en salacapitol.com.

24 de setembro de 2014 | 13:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.