publicidade hoxe

Negreira considera impresentable a decisión de Navantia de trasladar parte da construción do buque flotel a Cádiz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+
Europa Press

O alcalde da Coruña e presidente provincial do PP coruñés, Carlos Negreira, cualificou de “impresentable” a decisión de Navantia de derivar ao estaleiro de Porto Real (Cádiz) parte da construción do buque flotel, o que xerou malestar entre os traballadores da factoría de Ferrol, e mostrouse confiado en que “rectifique”.

A preguntas dos xornalistas, Negreira dixo que non comparte esta decisión, mentres que vinculou este encargo da petroleira mexicana Pemex cun “traballo conseguido polo presidente da Xunta”. “Navantia comercialmente non fixo nada”, remarcou.

Ademais, subliñou que nos estaleiros de Ferrol “fai falta traballo”. “Espero que rectifique”, indicou tamén sobre Navantia e sobre unha decisión que considerou “totalmente fóra de lugar”.

O rexedor da Coruña realizou estas manifestacións coincidindo coa presentación dun proxecto de reurbanización para o barrio de Monte Alto.

29 de setembro de 2014 | 13:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.