publicidade hoxe

Neda inicia a mellora de pistas e camiños, desbroces e conducción de augas por valor de 100.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Concello de Neda está a mellorar o estado de vías, pistas e camiños de titularidade municipal grazas ao apoio decidido da Deputación provincial da Coruña. Así se establece no convenio de colaboración suscrito recentemente entre o alcalde da real vila, Ignacio Cabezón Lorenzo, e o presidente da institución provincial, Diego Calvo. Ponte Grande, Carballal, San Isidro, Anca, Pedrós, Cobeluda ou Rabadeña son os lugares onde se desenvolven as actuacións. Na súa elección, o goberno municipal valorou o estado de deterioro das vías ou beirarrúas, a densidade do tráfico que soportan ou o nùmero de vivendas ás que dan servizo.

Os traballos están orzamentados nuns 100.000 euros, que cofinancian Deputación (con 79.997,42 euros) e Concello (19.999,34 euros). Segundo o caso, estáse a proceder á mellora do firme coa aplicación de regos asfálticos, con dobres ou triples tratamentos superficiais ou extendido e compactado de gravas ou detritos; rebacheos con mezcla bituminosa; desbroces de maleza en cunetas con roza mecánica por medio de tractor e brazo articulado, de ambos bordes, nunha anchura aproximada dun metro, co apoio de persoal de a pé e ferramentas manuais en aqueles casos nos que as dimensións do vial ou a natureza das especies a rozar así o aconsellen.

Ademáis, e na zona de Rabadeña, executaránse sendas captacións para erradicar a presenza de cursos de auga que irrumpen transversalmente no viario, en zonas de pendente moderada, con arrastre de áridos, o que implica un perigo engadido ás deficiencias detectadas. Así, as citadas conduccións realizaránse ben á cuneta ben á rede municipal de abastecemento. No seu conxunto, os traballos contan cun prazo de execución de tres meses, co que terán concluído no último trimestre do ano.

18 de setembro de 2014 | 11:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.