publicidade hoxe

Neda convida a veciños e visitantes a disfrutar da tradicional Festa do Pan

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioNeda
A-
A+

O alcalde, Ignacio Cabezón Lorenzo, invitou esta mañá a veciños e visitantes a acudir este domingo, 7 de setembro, á Festa do Pan de Neda, declarada de Interese Turístico de Galicia en 2013. Unha celebración que, organizada polo Concello co apoio dos panadeiros, desenvolveráse como é tradición nos últimos anos no Paseo Marítimo de Xuvia. Os seus ingredientes principais mantéñense invariables: venda e degustación dun dos mellores pans do mundo, xantar popular, animación musical… Así mesmo, este ano, a concelleira de Turismo, Montse Rico, anunciou que o Concello pon a disposición do público unha aplicación para móbiles con información do evento. Os interesados poden descargala en Google Play ou a través dun código QR.

Nesta liña, a edil deu conta hoxe doutra das principais novidades, o nome dos primeiros cofrades da recén creada Orde gastronómica do Bolo Cachado. Unha orde coa que se quere agradecer e pór en valor o respaldo e traballo de persoas e institucións a favor do pan local, da súa industria e festa. Deste xeito, os cofrades serán este ano o Almirante Xefe do Arsenal Militar, Manuel Garat; o presidente da Agrupación Lucero del Alba, Andrés Pena; a conselleira de Medio Rural e Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana; a directora xeral da Axencia galega de Turismo, Nava Castro; o ex alcalde de Neda, Carlos Pita; a presidenta da Asociación de Amas de Casa e Consumidores de Neda, Fina Costa; o presidente da Deputación, Diego Calvo; o director comercial das bodegas Reboreda Morgadío, Jacob Sanjurjo; o escritor e fillo predilecto Vicente Araguas –autor do xuramento das damas e cabaleiros da orde e o alcalde de Alxeciras, José Ignacio Landaluce. Precisamente, este último, primeiro edil da cidade irmandada con Neda, actuará como pregoneiro da celebración.

O programa da festa iniciaráse sobre as 10 horas, momento no que as panaderías comezarán a venda de pan, empanadas ou repostería. Instalarán os seus postos La Nueva, Santa Rita, Jose Castro, Paca Castro e, como industria colaboradora, Roberto González. En torno ás 12,30 horas, dará comezo o pregón co xornalista Germán Castro como mestre de ceremonias. Dará paso á concelleira e ao alcalde, discursos previos á presentación da Orde gastronómica do Bolo Cachado, típico nas panaderías de Neda, e á concesión dos títulos aos seus primeiros cofrades, que xurarán fidelidade ao pan. A continuación, virá o pregón da man de José Ignacio Landaluce, alcalde de Alxeciras, cidade irmandada con Neda. Así mesmo, o cantautor ferrolán Marcos Mella amenizará a sesión vermut e, a partir das 13,30 horas, dará comezo a tradicional comida popular.

O menú, de doce euros, inclúe empanada, arroz con polo, churrasco, bola de Neda e café, así como bebidas e, como non, o tradicional pan da real vila. Ademáis, a edil apuntou que os máis pequenos da casa recibirán a visita, durante a tarde, de Monsterchef, un simpático personaxe que fará as delicias dos máis pequenos. E outro grupo da comarca, Parranda La Nuestra, con epicentro en Neda, amenizará a tarde co seu mellor repertorio. A Festa concluirá este ano cunha actuación de luxo: a Gallaecia Big Band. Traerá o seu espectáculo Gallaecia All Stars, cunha coidada posta en escea pensado para todo tipo de público. A formación realiza unha viaxe aos tempos das grandes Big Bands dunha forma amena e con esceas de humor que diferencian este espectáculo doutras formacións musicais.

Durante todo o día, o público poderá visitar a exposición dos traballos presentados ao concurso de carteis da Festa do Pan e acceder a información turística nun stand habilitado polo Concello. Tamén haberá un espazo solidario, no que entidades como a ASCM ou Por+Vida darán información da súa actividade e recadarán fondos. APP do Pan O Concello informa de que este ano pon a disposición da cidadanía unha aplicación para dispositivos móbiles –pódese descargar mediante un código QR e en Google Play– con toda a información sobre os horarios das actividades, panaderías participantes, plan de tráfico e estacionamentos previstos, normas básicas de prevención e actuación en caso de emerxencia, mapas con situación dos puntos de interese… Actividades previas En todo caso, Montserrat Rico lembra que as actividades en torno á Festa do Pan xa comezarán mañá sábado coa Ruta dos Muíños, na que participarán unas 115 persoas pola mañá, e a II edición do PekePan, a partires das 18,30 horas no paseo marítimo de Xuvia.

5 de setembro de 2014 | 14:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.