publicidade hoxe

Neda conta cunha nova cuadrilla de operarios para realizar traballos no rural e edificios municipais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

Dende esta semana, o Concello de Neda conta cunha nova cuadrilla de operarios adscrita ao departamento municipal de Servizos e Obras. Integrada por un oficial de segunda e dous peóns, encargaráse de realizar diversos traballos de acondicionamento na zona rural, así como nos edificios de titularidade municipal.

A súa contratación, por tres meses e cunha xornada semanal de 25 horas, foi posible grazas a unha achega provincial superior aos 8.000 euros. Máis polo miúdo, o Concello explica que os operarios encargaránse na zona rural, entre outras accións, de intervencións de desbroce de cunetas, tubaxes nas taxeas, pequenos arranxos eléctricos, labores para dar accesibilidade a vivendas… Non só iso, tamén actuarán neste sentido en edificios municipais.

29 de setembro de 2014 | 12:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.