publicidade hoxe

Neda acollerá un curso de encaixe de bolillos para mestras artesanas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Edificio Municipal de Usos Múltiples da Toeleira de Neda acollerá este mes un curso de encaixe de bolillos dirixido, fundamentalmente, a mestras artesanas. Dará continuidade a outra acción formativa celebrada no 2013 nas mesmas instalacións. O curso está organizado pola asociación Filigrana, está subvencionado polo Centro de Artesanía de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Neda. Impartido pola artesana Alicia Sevilla, que chegará procedente de Aguilar de Campoo, levaráse a cabo entre o 18 e o 22 de setembro en horario intensivo (entre as 9,30 e as 13,30 horas e entre as 16 e as 20 horas). Estará centrado en empezos e remates. O prazo para participar está aberto no Centro de Artesanía de Galicia. Gratuíto e con prazas limitadas, teñen preferencia na inscripción aquelas que acrediten a carta de artesana.

15 de setembro de 2014 | 11:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.