publicidade hoxe

Neda abre o prazo para anotarse nas actividades deportivas e culturais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Concello de Neda vén de abrir o prazo de preinscripción para anotarse na programación de actividades deportivas e culturais para este curso 2014-2015. Así, as persoas interesadas poden formalizar a súa solicitude no Centro Cívico Ramón Millarengo de luns a venres de 10,30 a 13,30 horas e durante todo o mes de setembro. Nesta liña, dende a Administración local quérese remarcar que programará aquelas actividades que reúnan un número mínimo de participantes (cifrado en oito).

O obxectivo é satisfacer a demanda da cidadanía e garantir a rendabilidade económica das actividades, evitando perdas para o Concello. Así mesmo, o Concello sinala que, para favorecer a participación e evitar que o contexto de crise sexa un obstáculo, conxelará de novo neste curso as tarifas. Entre as propostas municipais se ofertan inicialmente para adultos: clases de ximnasia de mantenemento, ximnasia terapéutica, pilates, fitness, zumba, taller de memoria e bailes de salón. Para nenos: psicomotricidade, baile moderno e tenis. Por último, apuntar que as actividades comezarán a partires do 15 de setembro.

Os prezos? Para as persoas menores de 14 anos, 9,74 euros ao mes; 13,91 euros para aqueles entre 14 e 18 anos, e 22,24 euros para os maiores de idade. Así mesmo, establécese unha matrícula de 8,35 euros para menores de 18 e de 16,68 para maiores. Matrícula que tan só se paga o primeiro ano. Isto é, as persoas que xa a abonaron no curso pasado quedan exentos o presente. Así mesmo, o Concello plantea diferentes bonificacións que van do 10 ao 90%. Entre estas, para pensionistas, familias numerosas ou aquelas que acrediten escasos recursos.

2 de setembro de 2014 | 12:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.