Na madrugada do luns comeza o repintado das rúas de Monforte
A concellería de Tráfico, dirixida por Mª Xosé Vega, vai levar a cabo o repintado das rúas da cidade, traballos que darán comezo na madrugada deste luns.
Esta actuación afecta tanto ós pasos de cebra, como á sinalización horizontal, incluíndo as marcas viarias e sinais horizontais.
Os traballos realizaranse de madrugada, entre as 00:00 h. e as 06:00 h., e comezarán polo tramo da avenida de Galicia comprendido entre o cruce coa rúa Ourense e a ponte Nova.
O repintado estenderase paulatinamente por diversas rúas da cidade, afectando a máis de medio cento delas. Os traballos serán realizados pola empresa Estradas Galegas S.L.
As dimensións e deseño das marcas viarias e sinais horizontais serán as establecidas polo vixente Catálogo Oficial de Sinais de Circulación e Marcas Viarias.
O custo desta intervención está financiado integramente pola concellería de tráfico e ascende a 18.000 euros.
PASOS DE PEÓNS:
Pintaranse un total de 130 unidades, que suman a cantidade de 1.012 bandas lonxitudinais estándar de 300 X 50 cm.
LÍÑAS DE DETENCIÓN
Pintaranse 750 metros de liña continua (a pintar en STOP, semáforos e pasos de peóns) e 75 de liña discontinua (en CEDA o PASO)
Tamén se pintarán liñas brancas e amarelas, continuas e discontinuas, sinais horizontais, cargas e descargas, prazas de minusválidos, bus, ambulancias, reservas para motos e similares.
Os traballos tamén incluirán nova sinalización de variadas características e nos seguintes lugares:
1º.- PRAZA DE MINUSVÁLIDOS, en Germán Vázquez, 18.
2º.- PRAZA DE MINUSVÁLIDOS, en Praza de Carude.
3º.- PASO DE PEÓNS E LIÑA DE DETENCIÓN en avenida Cachafeiro, enlace rúa San Pedro.
4º.- PASO DE PEÓNS E LIÑA DE DETENCIÓN en Carlos Casares, enlace rúa San Pedro.
5º.- RESERVADO AMBULANCIA, en rúa Ourense, fronte ó nº 85.
6º.- EXCLUSIÓN DE ESTACIONAMIENTO en rúa Malloadas.
7º.- MODIFICACiÓN PRAZA MINUSVÁLIDOS en rúa Castelao nª 8
8º.- SINAIS DE DIRECCIÓN en estacionamento Pinguela-Piscina, saída a estrada de Sober.
9º.- PASOS DE PEÓNS e LIÑAS DE DETENCIÓN en Irmáns Dapena.











