publicidade hoxe

Monforte de Lemos acolle unha exposición que recolle un percorrido pola historia a través dos reloxios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

Dende a prehistoria o home tivo a necesidade de entender o tempo. Os primeiros sistemas empregados polo home para medir o paso do tempo foron reloxios solares. Posteriormente aparecen sistemas de medición de auga ou clepsidras, reloxios de area e de lume. De xeito paralelo á complexidade das sociedades, tamén apareceron sistemas de medición do tempo máis precisos. No século XII xurdiron os primeiros reloxios mecánicos e no 1.656 aparece o primeiro reloxio de péndulo, logo apareceu o reloxio volante espiral e finalmente o reloxio de cuarzo que se fai moi popular a partir de 1960.

A exposición “O infinito camiñar do tempo” conta cun total de 165 pezas que funcionan en perfectas condicións. Son réplicas de reloxios históricos, orixinais e chamativos, ademais de tres pezas únicas construídas en Domingo Joyeros.

Domingo destaca a replica do “Reloxio Congreve”, o primeiro reloxio cinético patentado no ano 1808. Nesta orixinal peza, unha boliña de chumbo baixa en zigzag ata accionar un dispositivo.

Tamén merece especial atención a peza orixinal creada na reloxaría de Domingo, unha “clepsidra” ou reloxio de agua, onde un recipiente en equilibrio recibe unha cantidade regular de auga. O peso do líquido, nun momento determinado produce que o recipiente perda o equilibrio e active un mecanismo que a través dunhas pequenas luces indícanos a hora e os minutos.

De familia reloxeira, Domingo mantén actualizada a súa colección con pezas que xa existían no negocio do seu pai creado no 1958. Como recoñece Domingo, “o meu pai soubo involucrarme no amor a esta profesión, e pouco a pouco, vaise espertando en min este interese por coñecer a evolución dos distintos mecanismos para medir o tempo ao longo da historia”

Domingo Joyeros é colexiado do Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia. O COXGA representa garantía de calidade, en permanente vinculación coa sociedade, asegurando a ética profesional e os intereses dos colexiados e tamén a protección dos consumidores a través da información e divulgación do sector; en definitiva, exercendo a representación en todos os ámbitos da xoiaría, prataría, ourivaría, reloxaría e xemoloxía de Galicia.

24 de setembro de 2014 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.